O PSdeG denuncia a “falta de transparencia” da Xunta na xestión do desenvolvemento eólico

Martín Seco, PSdG-PSOE

O responsable de Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, denunciou a “falta de participación e transparencia” da Xunta na xestión do desenvolvemento eólico en Galicia. Seco instou ao goberno galego, nunha pregunta ao conselleiro de Industria durante o Pleno do Parlamento, a “reconfigurar” o modelo eólico “democratizando o sistema” e evitando que “as grandes empresas campen as súas anchas”. O responsable socialista lamentou que a Xunta, en vez de “escoitar” a veciñanza, aos concellos e ao rural para “equilibrar a balanza” entre veciñanza e empresas; “vaian da man das grandes eólicas que logo fichan a ex compañeiras do PP”, en alusión á contratación da ex-conselleira do PP Beatriz Mato por parte da empresa de enerxías renovables Greenalia. Ademais, puxo de manifesto as “mobilizacións sociais que existen por todo o territorio” contra a xestión do eólico do goberno galego.