A vicesecretaria xeral do PSdeG-PSOE, Lara Méndez, denunciou a “falta de previsión, de planificación e de xestión” do goberno da Xunta nas labores de extinción dos incendios forestais, ao tempo que invocou a necesidade de avanzar cara a profesionalización das brigadas e reforzar o peso do traballos de prevención e coidado do monte que é preciso facer durante o inverno. Lembrou a dirixente socialista que na comisión de estudo sobre a política forestal celebrada no Palramento se propuxo avanzar cara a profesionalización das brigadas e que o dispositivo autonómico fixera máis fincapé nas labores de prevención dos incendios que hai que facer ao longo de todo ano. “Non pode ser que haxa brigadas que aínda se están conformando no día de hoxe”, engadiu. Apuntou que o malestar ante o funcionamento do dispositivo de control e extinción non só provén dos concellos do PSdeG, senón “tamén dende os do PP”, que poñen de relevo a indefensión que se está a xerar.
26