A portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Patricia Otero, vén de denunciar no Parlamento o “cinismo e hipocrisía” políticos do PP e o goberno galego logo de constatar que bloquearon as obras da autovía Santiago – Lugo durante catro meses e medio para acusar ao goberno central dos retrasos durante a campaña electoral.
Otero presentou unha batería de iniciativas parlamentarias logo de facerse público que Augas de Galicia, un organismo dependente da Xunta que regula as concas fluviais, bloqueou dende abril ata o pasado 30 de agosto o permiso para o retranqueo do río Ladrón. Este permiso, solicitado polo goberno central no dito mes de abril, era clave para avanzar nas obras dun viaduto no tramo Arzúa – Melide da A – 54.
A parlamentaria socialista lembra que esta infraestrutura, esquecida polo PPdeG durante o mandato de Rajoy, foi empregada como eixo dunha campaña dende setembro de 2022 terxiversando a realidade dos feitos contra a xestión do goberno central.