O PSdeG denuncia ‘mala fe’ tras a apertura de alegacións dun parque eólico ‘en pleno Nadal’

1 minutes read

A viceportavoz do Grupo Socialista, Paloma Castro, denunciou “mala fe” da Xunta tras abrir o período de alegacións de 15 días sobre o proxecto do parque eólico dos Cotos “en plenas festas de Nadal”. Castro, que se reuniu co Grupo Municipal Socialista de Cerdedo-Cotobade para abordar esta cuestión, coincidiu cos representantes municipais na necesidade de informar á veciñanza e facilitarlles os medios técnicos para poder levar a cabo as alegacións, ante o que pediu unha “estratexia conxunta entre concello e propietarios en relación aos prazos”. “Dende o PSdeG apostamos polas enerxías renovables, pero sempre que se produza un equilibrio entre a instalación das mesmas e o respecto á singularidade do noso territorio, ao medio ambiente e a calidade de vida da veciñanza”, concluíu.