O portavoz do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, cualificou este martes de “indecente” que se incremente o gasto da Xunta en altos cargos e delegados territoriais nun 5%, así como o de persoal eventual de gabinete, nun 6,75%, mentres Galicia inviste moito menos en sanidade por habitante que comunidades coma o País Vasco ou Asturias. O líder dos socialistas galegos remitiuse ao último informe do Consello de Contas, “demoledor” coa xestión sanitaria da Xunta. O líder dos socialistas galegos debullou este panorama, dixo, nunha Consellería de Sanidade que gastou en 2019 un total de 602 millóns de euros en proxectos sen publicidade nin concorrencia competitiva, segundo revela o propio Consello de Contas. Caballero reclamoulle ao presidente da Xunta que explique por que non inviste na sanidade pública, implantando un modelo baseado na precariedade e a temporalidade. Esixiulle que mude o seu modelo para “deixar dunha vez de incrementar os gastos de altos cargos, delegados territoriais e persoal de gabinete” para defender unha política laboral baseada na estabilidade e a profesionalidade.
44