O PSdeG denuncia “o fraude” da Xunta nas políticas medioambientais

1 minutes read

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, presentou unha pregunta na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento sobre a xestión do Goberno galego do vertido do Eume, que “continúa da cor da leite un mes despois de que se producise o vertido”. Arangüena sinalou que esta situación “demostra o fraude nas políticas da Xunta en materia medioambiental”. O responsable socialista esixiu ao goberno galego que explique “as causas” que provocaron “a contaminación do río Eume” e urxiu a detallar se “hai algún expediente sancionador en marcha por causa de dita contaminación”, así como “os plans” que ten a Xunta “para garantir a restauración ambiental do encoro e da súa contorna”.