Entre os exemplos de mala praxe da CRTVG, o PSdeG destaca a retransmisión da pegada de carteis pola TVG2, canle secundaria e cunha audiencia moito menor que a da canle principal, rompendo cun “fito que leva décadas cubríndose e emitíndose en directo”. Sinalou que este acto de campaña incluíuse de forma deliberada no medio dun programa cunha audiencia de aproximadamente 1.000 persoas.
Así o denunciou a portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Control da CRTVG, Noela Blanco, onde presentou unha pregunta oral na que criticou o uso partidista dos medios públicos por parte do PP, e acusou á CRTVG de por a cobertura das eleccións xerais “ao servizo do PP”, ofrecendo información “reducida” e “teledirixida dende o despacho do señor Feijóo”.