O PSdeG denuncia que Galicia continúa “á cola” na creación de emprego

A voceira de Emprego do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, denunciou que Galicia continúa “á cola” na creación de emprego no conxunto do Estado cando “está no lugar 17 do total de 19 comunidades e cidades autónomas” nesta cuestión.

“Os datos reflicten un mercado laboral con un escaso dinamismo, caracterizado por un insoportable índice de precariedade e dobre temporalidade que afecta con máis forza ás mulleres, mocicidade e paradas e parados de longa duración”, sentenciou a socialista, que ademais sinalou que, dende 2008 ata a actualidade, Galicia perdeu ocupación efectiva e, especificamente, máis de 118.000 postos de traballo a tempo completo, o que obrigou a moitas galegas e galegos a “marchar fóra de Galicia” e cando algunhas persoas “xa nin se apuntan ás listas do paro”.

A responsable socialista pediu que a Xunta “reactive” as mesas de diálogo social, “co fin de analizar as eivas do mercado e adoptar medidas consensuadas con axentes sociais”. Así, incidiu en que Galicia “necesita” establecer plans de actuación de loita contra o desemprego e, especificamente, plans de choque dirixidos a mocidade, mulleres e paradas e parados de longa duración; así como implantar programas de autoemprego.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha