Así o expresou a deputada socialista no Parlamento galego Patricia Iglesias Rey, que se amosa «abraiada por eses anuncios e propaganda que fixo o PP de Galicia, tamén a deputada Paula Mouzo, que anunciou a bombo e platillo que ía haber nos orzamentos de 2026 unha partida destinada á reforma do CEIP O Areal de Camariñas de preto dun millón de euros».
«Estiven vendo o proxecto de orzamentos territorializado e non atopo ningunha partida específica nestes orzamentos 2026, a única partida que hai para Camariñas é da entidade pública de Portos de Galicia para o departamento de usuarios de 10.000 euros, entón eu non sei que outros orzamentos está vendo a deputada do Partido Popular», afirma.
«Evidentemente estaremos absolutamente de acordo con esa reforma necesaria e todo o que sexa bo para Camariñas, pero o que denunciamos publicamente é esa utilización absolutamente partidista que fai o PP duns orzamentos públicos cunha finalidade única, facer propaganda e anuncios que logo non se executan», explica a socialista.
Iglesias Rey concluíu criticando que «non se respecta esa colaboración institucional da Xunta de Galicia cunha alcaldesa, Sandra Ínsua, que é do Partido Socialista, é o mínimo que ten que facer a Xunta de Galicia».