O PSdeG esixe melloras nas condicións económicas dos médicos


O PSdeG afirma que a Xunta debe mellorar as condicións económicas dos médicos. O PP recorda que xa o vén facendo nestes últimos anos e apunta que o Goberno central debe habilitar máis prazas destes profesionais. “Cando teña a posibilidade de contratar eses profesionais, que lles dea contratos estables”, demanda o socialista Julio Torrado. Pola súa banda, o popular Pedro Puy asegura que a Xunta leva traballando na mellora das condicións mesmo antes da pandemia. Torrado criticou que a actitude do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ante a situación “moi preocupante” que vive a sanidade galega sexa “facer exculpación propia”, mentres a Atención Primaria está “desbordada” e os PAC “desatendidos”. Instou a Rueda a profundar nesta cuestión en lugar de “limitarse a buscar culpables” e, de forma particular, a non basear todas as súas reclamacións na petición de máis prazas MIR.