O PSdeG esixe melloras nas condicións económicas dos médicos

O PSdeG afirma que a Xunta debe mellorar as condicións económicas dos médicos. O PP recorda que xa o vén facendo nestes últimos anos e apunta que o Goberno central debe habilitar máis prazas destes profesionais. «Cando teña a posibilidade de contratar eses profesionais, que lles dea contratos estables», demanda o socialista Julio Torrado. Pola súa banda, o popular Pedro Puy asegura que a Xunta leva traballando na mellora das condicións mesmo antes da pandemia. Torrado criticou que a actitude do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ante a situación «moi preocupante» que vive a sanidade galega sexa «facer exculpación propia», mentres a Atención Primaria está «desbordada» e os PAC «desatendidos». Instou a Rueda a profundar nesta cuestión en lugar de «limitarse a buscar culpables» e, de forma particular, a non basear todas as súas reclamacións na petición de máis prazas MIR.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha