O PSdeG esíxelle á Xunta que inclúa a Dumbría na liña de axudas para embelecer o litoral galego

1 minutes read

A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, denunciou no Parlamento que o goberno galego deixara ao concello de Dumbría fóra da liña de axudas dirixida a embelecer o litoral galego, dotada con máis de 4,4 millóns de euros.

A parlamentaria lembra que, con data do 16 de marzo, o Consello da Xunta aprobou unha convocatoria de subvencións con dúas liñas de axudas, unha dirixida a concellos, cun importe de 4,4 millóns de euros, e outra dirixida especificamente a establecementos turísticos e que ascende a 2 millóns de euros.

Sinalou tamén que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu no seu día que os “2.500 quilómetro de costa galega” necesitaban deste tipo de axudas para revalorizar o patrimonio e a paisaxe costeira no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

A pesar diso, o termo municipal de Dumbría quedou excluído da lista de 71 concellos beneficiarios, pasando por alto que tamén ten unha franxa marítima na localidade de O Ézaro, que ademais é  un dos principais focos de atracción turística deste concello.

É por esta razón que Rodríguez Rumbo empraza á Administración autonómica a corrixir o seu erro e incorporar a devandita localidade da Costa da Morte á listaxe de potenciais beneficiarios das liñas de subvencións habilitadas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?