O PSdeG esíxelle á Xunta ‘que repoña a Área Sanitaria da Mariña’

A parlamentaria socialista Patricia Otero esixiulle ao goberno galego que recupere a área sanitaria da Mariña, suprimida coa última reforma da Lei de Saúde por parte do PP en 2017, convertendo ao Hospital da Costa nun distrito sanitario dependente de Lugo. Otero presentou unha pregunta oral ao goberno galego en Comisión coa que, dixo, “séguense a rir dos veciños e das veciñas da Mariña”. Explicou que logo da decisión de suprimir a área sanitaria os veciños e veciñas da Mariña teñen que padecer listas de agarda de ata 2 e 3 anos en cardioloxía, traumatoloxía, uroloxía ou reumatoloxía, ademais de desprazarse a Lugo para facer probas como radiografías panorámicas dentais, densiometrías, electromiografías, intervencións de varices ou implantación de marcapasos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha