O PSdeG estará centrado esta semana na defensa dos problemas de Carballo

1 minutes read

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, manterá este martes ás 11:00 horas un encontro de traballo con representantes da Asociación de Empresarios do Polígono de Carballo.

Ademais, o vindeiro xoves 16 ás 17:00 horas na rúa Fomento 2 – 1°, en Carballo (nova sede da agrupación local), estará Martín Seco (deputado responsable da comarca) e Mariña Otero (deputada e portavoz de servizos sociais) que se interesarán pola problemática da UDIAF e outras demandas da poboación infantil con necesidades especiais de Bergantiños.

Tamén intervirán María Carmen Vila, portavoz local, e Valentín Costa, concelleiro e promotor da iniciativa. Xa confirmaron a súa asistencia un bo número de pais e responsables de distintas entidades, pero tamén poderán asistir todas aquelas persoas que estean interesadas.