38
Os socialistas galegos conmemoraron o día da patria na vila natal do autor de Sempre en Galiza. Neste acto, o seu secretario xeral, reafirmou o compromiso do PSdeG cun galeguismo » ao servizo de Galicia», dixo. Gonzalo Caballero comprometeu traballo, constancia, serenidade e reflexión . Dixo que é momento de por en marcha un novo proxecto socialista e que o partido vai estar a altura do que precisa o país.