O PSdeG garante en Carballo a gratuidade de todo o material escolar

2 minutes read

A candidata número 1 do PSdeG na provincia Patricia Iglesias e o número 2 Julio Abalde presentaron, entre o CEIP Fogar e o IES Alfredo Brañas de Carballo, as propostas da formación en materia educativa, acompañados do secretario adxunto a organización do PSdeG-PSOE Provincial da Coruña e tamén candidato Aitor Bouza.

“Este parque une dous centros educativos que reúnen a uns 1.000 alumnos, polo que é un lugar perfecto para trasladar que queremos que todos os nenos e nenas de Galicia poidan desfrutar dunha educación pública con todos os medios humanos e materiais precisos”, comezou sinalando Bouza.

O socialista afirmou que “o Partido Popular emprega o apoio á educación pública como un slogan, pero os feitos demostran que o seu apoio non é tal, a falla de investimentos e de execución orzamentaria así o demostran”

“Vimos como nas últimas semanas, no mesmo día en que se presentaban as listas, producíase a primeira baixa no PP, dunha persoa que non quería acompañar a Rueda no seu proxecto”, sinalou Bouza. “Nós ata niso estamos nun modelo oposto, e sumamos á nosa lista o talento desta terra, como é o caso de Patricia Iglesias, unha persoa vinculada a esta comarca que se incorporou para estas eleccións ao proxecto que lidera Besteiro”, destacou.

Iglesias, pola súa banda, manifestou sentirse “moi orgullosa de estar na terra onde nacín e no instituto onde estudei, o Alfredo Brañas, na educación pública”. “Estou encantada de sumarme ao proxecto de Besteiro, que recolle as ideas progresistas e feministas que teño dende que teño uso de razón, e polo tanto son unha firme defensora da educación pública”, engadiu.

“Esta educación pública está a debilitarse logo dos 14 anos do PP na Xunta de Galicia, aínda que logo metan medidas electoralistas de última hora como a da gratuidade das universidades, que nin sequera están nos orzamentos para 2024 que acaban de aprobar” criticou a candidata.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?