O PSdeG impulsará unha lei para regular o xogo e as casas de apostas

1 minutes read

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, anunciou este sábado que os socialistas impulsarán no Parlamento autonómico unha lei para regular o xogo e as casas de apostas en Galicia. Unha iniciativa que, segundo afirmou, pretende “cubrir o baleiro que deixa o goberno galego, que leva sen tomar medidas nunha área tan sensible para a nosa cidadanía e, sobre todo, para a xente nova do noso país”. Fíxoo no marco dunhas xornadas de debate sobre o tema, organizadas polo PSdeG na Cámara galega.

Formoso, incidiu en que esa «ambiciosa» proposta incluirá prohibicións para que non haxa caixeiros automáticos  nas casas de apostas ou para que non existan reclamos como  zonas de xogo infantil para os nenos e nenas máis pequenos nas propias casas de apostas. Formoso chamou a atención sobre o feito de que “isto está ocorrendo no noso país coa conivencia do goberno galego e sen que as autoridades competentes na materia fagan nada por regular esta situación”.