O PSdeG inaugura o seu Laboratorio de Ideas de cara ás eleccións autonómicas de 2020

1 minutes read

O PSdeG inaugurou este sábado en Compostela o seu laboratorio de ideas, que vai marcar o seu proxecto para Galicia, coa vista posta nas eleccións autonómicas de 2020… No acto de inauguración participaron entre outros os ex-presidentes González Laxe e Pérez Touriño, ademais do secretario xeral, Gonzalo Caballero e a presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera. Nese proxecto din pretender «integrar a sociedade civil para marcar políticas públicas e sociais innovadoras.»IdeaGaliciaLab, que así se chama, xorde, din, para debater e reflexionar sobre cal é a mellor aposta para a nosa comunidade.

O PSdeG encara os retos na construcion dun proxecto que responda, din, «a unha Galicia emprendedora, innovadora e progresista» con vistas ás eleccións autonómicas de 2020…
Nese proxecto afirman pretender «integrar a sociedade civil para marcar políticas públicas e sociais innovadoras.»

«A Galicia que nos deixa Feijóo é unha Galicia máis miúda e máis minguante. Ante iso necesitamos unha grande alianza de país para dotar a Galicia dunha nova orientación estratéxica, de facelo cunha Xunta emprendedora, innovadora e progresista», dixo Gonzalo Caballero, Secretario xeral do PSdeG.

Entre os principais retos que marcan os socialistas galegos está o de afrontar o «derrubamento demográfico», a transición ecolóxica, principalmente na descarbonización do sector industrial, a dixitalización para unha Galicia «máis eficiente e compentente», din, e o vertebramento territorial, que «fomente as cidades e impulse o medio rural».