O PSdeG inaugurou este sábado a Casa do Pobo de Santa Comba

1 minutes read

O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, inaugurou este sábado a Casa do Pobo de Santa Comba, abrindo así unha nova etapa dos socialistas na vila. Alí puxo en valor a experiencia dos gobernos municipais socialistas “para construír unha alternativa progresista en Galicia”. Lage Tuñas destacou “a inmensa satisfacción” de poder inaugurar unha nova sede do PSdeG-PSOE, ao tempo que felicitou á militancia socialista do concello de Santa Comba polo importante esforzo que están facendo para “reconstruír” o espazo progresista nesta localidade. Avanzou que antes de que remate o ano “presentarase o candidato” para as vindeiras eleccións municipais, “co obxectivo claro de ofrecerlle a Santa Comba o mellor equipo progresista posible para gobernar o concello”.