O PSdeG insiste en que “Feijóo debe levantar as peaxes na Costa da Morte e Val Miñor”


Gonzalo Caballero sinala que “o goberno do Estado inviste en bonificar peaxes en Galicia ata 100 veces máis que a Xunta”, polo que “Feijóo debe levantar as peaxes na Costa da Morte e Val Miñor”. O voceiro de Economía do Grupo Socialista recorda que en xuño de 2018 “acordamos co ministro Ábalos priorizar as rebaixas da AP-9 para corrixir a liña de privatización e peaxes de Aznar, Rajoy e Feijóo”. En todo caso, malia a oposición da Xunta de Feijóo a realizar a rebaixa nas autoestradas da súa competencia, Gonzalo Caballero deu por feito que “o goberno de Galicia acabará levantando as peaxes da AG-55 e da AG-57 porque esta medida non ten un custe excesivo para as arcas públicas e liberaría moita circulación noutros tramos alternativos”, concluíu.