O PSdeG insiste en que «Feijóo debe levantar as peaxes na Costa da Morte e Val Miñor»

Gonzalo Caballero sinala que «o goberno do Estado inviste en bonificar peaxes en Galicia ata 100 veces máis que a Xunta», polo que «Feijóo debe levantar as peaxes na Costa da Morte e Val Miñor». O voceiro de Economía do Grupo Socialista recorda que en xuño de 2018 «acordamos co ministro Ábalos priorizar as rebaixas da AP-9 para corrixir a liña de privatización e peaxes de Aznar, Rajoy e Feijóo». En todo caso, malia a oposición da Xunta de Feijóo a realizar a rebaixa nas autoestradas da súa competencia, Gonzalo Caballero deu por feito que “o goberno de Galicia acabará levantando as peaxes da AG-55 e da AG-57 porque esta medida non ten un custe excesivo para as arcas públicas e liberaría moita circulación noutros tramos alternativos”, concluíu. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha