40
- O vicevoceiro Socialista, Pablo Arangüena, critica a “falla de política industrial” da Xunta que está a provocar a “deslocalización” e a “perda de galeguidade” das empresas galegas.
“A antiga Fenosa está perdendo aceleradamente a súa conexión coa Coruña e con Galicia”, sinalou o responsable socialista, quen lembrou que a empresa fora fundada en 1943 na cidade polo empresario coruñés Pedro Barrié de la Maza. Así, lamentou que “das aproximadamente 300 persoas que traballaban neste centro hai unha década, agora só quedan arredor de 70, tras un desmantelamento progresivo dos centros de traballo” e, agora, o traslado do centro a Madrid “implicará a perda de 28 postos de traballo máis”.
