O PSdeG lanza un video contra o “fracaso” de Feijóo


“A perda de poboación e o seu envellecemento, a caída do investimento nos servizos públicos, a multiplicación da débeda autonómica, a subida do paro, o retroceso dos sectores primarios e da industria, a nula aposta pola promoción da lingua e a cultura galega e pola construción da vivenda pública, pola mellora das infraestruturas e pola igualdade entre homes e mulleres” conforman, para o PSdeG, o retrato do “fracaso” das políticas de Feijóo neste decenio. Despois dun mes no que o PSdeG publicou cada día os datos que, segundo os socialistas, avalan estas afirmacións, a formación emitiu este un vídeo a través das redes sociais para “desmontar a falacia do gran xestor” construída por Feijóo. Deste xeito, no vídeo, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, fai un chamamento aos galegos para “darlle a volta” a unhas políticas que, na súa opinión, están a provocar o “retroceso” de Galicia en diversos ámbitos. “O suspenso de Feijóo contrasta coa imaxe que nos quere dar da súa xestión”, sinalou Gonzalo Caballero, que lamentou o “balance negativo” destes últimos 10 anos.