O PSdeG leva ao Parlamento a falla de interese pola homologación do Camiño dos Faros

O parlamentario socialista Martín Seco levará á Comisión de Turismo que se celebra este martes, a partir das 10,30 h.,unha pregunta oral para reclamarlle á Xunta que desbloquee a mesa de traballo que permita conseguir a homologación do Camiño dos Faros como ruta de gran percorrido, como pediu o Parlamento a través dunha iniciativa aprobada en decembro de 2020. Unha homologación que, segundo os socialistas, «leva dous anos paralizada e pendente dun goberno galego que semella que unha iniciativa de éxito como é esta ruta de sendeirismo, para as comarcas de Bergantiños e a Costa da Morte, non lle preocupa».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha