O PSdeG leva ao Parlamento unha rebaixa das peaxes da autoestrada AG-55

1 minutes read

A AG-55 entre A Coruña e Carballo, naceu sendo un vial público e gratuíto e como tal foi inaugurado en 1993 o tramo entre A Coruña e A Laracha, ata que no ano 1997 no momento de inauguración do segundo tramo entre A Laracha e Carballo privatizouse e pasou a ser unha autopista de peaxe, nun proceso de expolio a aqueles que lle foran expropiados os seus terreos para a construción dunha autovía pública, dende o primeiro momento contou cunha forte oposición social, algo que continúa presente debido ao lastre económico que supón para as comarcas de A Coruña, Bergantiños e Costa da Morte e para o asentamento da poboación nas zonas rurais destas comarcas.

A parlamentaria socialista Patricia Otero leva ao Pleno do Parlamento este martes unha proposición non de lei para reclamarlle á Xunta que estableza, de xeito inmediato, a rebaixa das peaxes para a totalidade das persoas usuarias nas autoestradas competencia da comunidade autónoma AG-55 que une A Coruña e Carballo e da AG-47 que conecta Puxeiros co Val Miñor.