O PSdeG ofrece un acordo global para a mellora da Atención Primaria

Julio Torrado, PSdeG.

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, presentou unha moción no Pleno do Parlamento celebrado este martes para reforzar o modelo de Atención Primaria mentres, lamentou, a Xunta “busca escusas en lugar de resolver o problema”. Torrado lamentou o veto do PP a esta proposta que defendía as conclusións do informe independente “Por unha Atención Primaria Vertebradora” encargado pola propia Xunta.

Torrado propuxo un acordo baseado en seis puntos, que comeza por implementar unha xerencia de atención primaria en cada Eoxi, continuar coa mellora das condicións laborais para o conxunto de profesionais temporais do Sergas, ou implementar a figura do profesional ou equipa de triaxe nos centros de saúde.

Tamén propón promover a conexión entre os servizos de saúde mental e a Atención Primaria, con distribución de zonas de referencia para cada equipo de saúde mental, habilitando primeiras consultas nos propios centros de saúde e, finalmente, ampliar a posibiliadde de solicitude de probas diagnósticas de maneira directa por parte dos facultativos de Atención Primaria.