O PSdeG pide explicacións pola paralización irregular do AVE con Rajoy e Feijóo gobernando

2 minutes read

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou este xoves a Feijóo que explique “a súa complicidade co goberno de Rajoy na parálise e as irregularidades nas obras do AVE a Galicia”.

Deste xeito aludiu Gonzalo Caballero ao informe do Tribunal de Contas que desvela a suspensión de numerosos contratos do AVE a Galicia por parte do executivo do PP entre 2014 e 2017.

“É unha cuestión de máxima gravidade, porque o Tribunal de Contas conclúe a existencia de irregularidades nos contratos públicos cando o PP gobernaba en España”, aseverou o líder dos socialistas galegos.

Do mesmo xeito, Gonzalo Caballero reprobou a “falta de coherencia” de Feijóo por cuestionar o compromiso do goberno progresista coa finalización desta infraestrutura, toda vez que o ADIF na etapa de Ana Pastor só executou o 49% do orzamento previsto”.

De feito, o ente fiscalizador recolle na súa análise que as obras da alta velocidade ferroviaria foron paralizadas de forma parcial en varias ocasións, e ata chegou a haber un parón total nalgúns tramos por períodos que oscilaron entre os cinco e os oito meses entre decembro de 2015 e agosto de 2017.

Neste contexto, Gonzalo Caballero urxiu a Feijóo que “compareza no Parlamento para explicar a paralización das obras e a súa complicidade co proceso, e para aclarar as irregularidades detectadas”. “O PP enganou a Galicia”, concluíu.

Preguntado sobre esa cuestión o presidente da Xunta evitou este xoves valorar as irregularidades agora detectadas polo Tribunal de Cuentas no xeito en que Adif paralizou as obras durante o Goberno do PP.

Feijóo centrouse en lembrar que as paralizacións en si de diversos treitos, sen entrar no xeito en que se autorizaron, xa eran coñecidas porque as admitira o propio ministro De la Serna para adiar de 2018 a 2020 o prazo de entrada en servizo do AVE prometido previamente por Pastor.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?