O voceiro parlamentario do PSdeG, Luis Álvarez, pediu a Feijóo unha “rectificación pública” tras, segundo di, “tentar relativizar” o problema dos abusos sexuais a menores no seo da Igrexa, despois de que o Grupo Parlamentario Socialista presentase a pasada semana unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia para urxir á Valedora do Pobo a investigar esta cuestión. Álvarez incidiu en que “ninguén está facendo unha causa xeral contra a Igrexa” e, de feito, lembrou que a semana pasada el mesmo sinalou que “tiña o convencemento de que nin a propia Igrexa compartía a opinión de Feijóo e do PP», concluíu.