O PSdeG pídelle a Educación que manteña aberto o CEIP Pino de Val de Mazaricos un curso máis


A parlamentaria socialista Noa Díaz reclamoulle á Consellería de Educación que manteña aberto o CEIP Pino de Val coas tres unidades intactas a lo menos no próximo curso. Díaz visitou este centro de Mazaricos xunto co portavoz municipal socialista, Javier González Trillo, onde anunciaron unha serie de iniciativas parlamentarias para levar as demandas dos pais e nais dos alumnos ao Parlamento de Galicia.

A parlamentaria socialista reclamoulle ao goberno galego que demore a súa decisión de trasladar aos 23 alumnos e alumnas ao centro de A Picota ou deixar unha soa unidade de Primaria e outra de Infantil.

Sinala que “a tres días do remate do curso escolar non é o momento de forzar ás familias que xa teñen organizados os seus plans de conciliación familiar para o próximo ano, débeselle dar a oportunidade de prepararse e organizarse”.