O PSdeG pídelle a Feijóo «altura de miras» na Deputación de Ourense

1 minutes read

Gonzalo Caballero avogou por «un pacto pola rexeneración política», «tamén na Deputación de Ourense», onde Ciudadanos «terá que retractarse», dixo, e onde lle pediu «altura de miras» ao presidente da Xunta.

«Pola rexeneración política do país, pola limpeza nas institucións, polo futuro de Ourense, polo futuro de Galicia, lle queremos dicir a Feijóo que teña altura de miras e a capacidade política de poñer fin á empresa familiar dos Baltar na Deputación de Ourense»

O líder dos socialistas galegos asegurou que Núñez Feijóo «puxo a Galicia ao servizo do PP» e que «está xa na fin do seu ciclo político».