O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, pediulle á Xunta un plan extraordinario de reforzo de persoal en sanidade e educación para iniciar 2022, xa que “cando hai 65.000 casos activos de covid en Galicia, é máis necesario ca nunca ter persoal nos servizos públicos para dar protección á cidadanía”, dixo. Caballero cualificou de “escapismo” a actitude do goberno da Xunta trala súa petición ao goberno central de máis fondos para afrontar os gastos extraordinarios da sexta onda, cando “non foron capaces de investir axeitadamente todos os cartos que chegaron do fondo covid” e “soamente buscan escusas, en vez de contratar máis persoal e fortalecer os servizos públicos para ter garantías fronte á sexta onda”, concluíu.
34
