O PSdeG presentou unha campaña na defensa dos dereitos do colectivo LGTBI


A portavoz da Executiva do PSdeG, María Pierres, e o secretario de Dereitos LGTBI, Javier Carballo, presentaron a campaña “Que non che apaguen a cor”, que poñerán en marcha os socialistas galegos. Pierres sinalou que os dereitos conquistados por este colectivo “non só son insuficientes, senón que están máis en perigo que nunca”. Alertou en primeiro lugar do incremento exponencial dos delitos de odio ocasionados pola orientación sexual e a identidade de xénero, que en 2022 aumentaron nun 70 por cento máis que no ano anterior, ata supor o 26,47 por cento do total de delitos cometidos. Sinalou que esta situación coincide coa “ameaza constante” contra os dereitos destas persoas por parte de “grupos de ultradereita como Vox”. Acusou a estas opcións políticas de “alimentar os odios e fobias cara o colectivo e negar as súas problemáticas concretas”, mentres “empregan os pactos de goberno co PP para tratar de mercantilizar coa esixencia de supresión de leis autonómicas e estatais en materia de igualdade e de dereitos do colectivo LGTBI”.