O portavoz dos Socialistas Galegos no Congreso, Guillermo Meijón, e o deputado por A Coruña Diego Taibo rexistraron unha proposición non de Lei no Congreso dos Deputados en apoio aos traballadores afectados polo ERTE de Repsol nas refinerías de A Coruña, Puertollano e Muskiz.
O Grupo Socialista presentou esta proposta para “propiciar e animar o mantemento da interlocución entre empresa e representantes da plantilla” na busca dunha “solución que faga posible a reversión do ERTE anunciado”. Os socialistas propoñen ademais “valorar proxectos vencellados aos fondos europeos Next Generation EU en zonas de gran dependencia do sector do refino e outras enerxías non renovables”.
Ademais, presentarán a petición á empresa para que manteña os postos de traballo diante do recen constituído grupo de traballo técnico do refino entre o Ministerio de Transición Ecolóxica, administracións e representantes empresariais.