O PSdeG-PSOE da Laracha reclama reparacións e mantemento no paseo fluvial de Gabenlle

0 minutes read

O PSdeG-PSOE da Laracha reclama ao Concello a reparación e mellora da área recreativa e paseo fluvial de Gabenlle, que transcorre xunto ao río Anllóns.
Héctor Suárez Prego, número 2 da candidatura socialista liderada por Palomi Rodríguez, denuncia que «o mal estado do paseo fluvial é un perigo para a xente que pasa por alí a diario».
«O mantemento correspóndelle ao Concello, en mans do Partido Popular», lembra Héctor Suárez. Ademais, indica o socialista, «no río hai árbores caídas».