- Lamenta que Adiante Vimianzo centre os seus esforzos en destruír e non aportar alternativas para afrontar a situación actual
O PSdeG-PSOE de Vimianzo, despois da sesión plenaria celebrada o pasado venres, emitiu un comunicado para amosar a súa sorpresa ante o comportamento de Manuel Antelo e a súa “oposición destrutiva”. Desde a executiva local consideran «unha auténtica mágoa que un partido que estivo no goberno durante dúas lexislaturas non teña capacidade de diálogo para aportar solución aos potenciais problemas que poidan plantexarse no escenario político».
Os socialistas destacan que en ningún momento puxeron «enriba da mesa un aumento no salario do arquitecto municipal», senón que especificaron que se debe acatar unha sentenza xudicial en firme na cal se establece que ese técnico deberá ser recompensado por un problema acontecido durante o mandatario de Manuel Antelo, líder de Adiante Vimianzo.
Ademais, o goberno local lamenta o partido en cuestión «centre os seus esforzos en destruír e non en aportar posibles vías alternativas para solventar a difícil situación que estamos a atravesar», e asegurou que o diálogo seguirá sendo a base da súa xestión.