O deputado socialista Martín Seco lamentou o voto en contra do PP á proposta do PSdeG para instar á Xunta á elaboración dun novo plan sectorial eólico pactado cos sectores e concellos afectados , e reclama que o conselleiro de Economía atenda a petición de reunión cos alcaldes de Negreira, A Baña, Outes, Mazaricos e Santa Comba. O parlamentario do PSdeG insistiu en que “o noso grupo non está en contra da implantación de enerxía eólica”, pero incidiu en que “debe facerse con orde e consenso”. Así, amosouse convencido de que “algún dos proxectos propostos é viable coas correccións oportunas” máis “non se pode converter a concellos e comarcas enteiras en zonas de sacrificio industrial”, concluíu.