O PSdeG reclama estender o plan de vacinación a todos os galegos

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, urxe á Xunta a que “complete con rapidez o reto esperanzador” de levar a cabo o programa de vacinación. “Desenvolvamos un plan para que as vacinas cheguen a todos na medida en que as haxa”, remarcou, consciente de que “Asturias xa usou o 100%” das doses que recibiu.

Caballero recalcou que logo de que o goberno comezara a distribuír a vacina entre as comunidades o pasado 28 de decembro a pesares dos “prognósticos de Feijóo nos que dicía que non chegaría ata o segundo trimestre de 2021” e que eran “froito da deslealdade e da estratexia de confrontación do PP”.

“O goberno de Galicia está superado pola crise, sen ser quen de dar unha resposta á altura do que os cidadáns necesitan”, reprobou o máximo dirixente do PSdeG, consciente de que fai falla “un rescate” da poboación e dos sectores económicos que peor o están pasando por mor da pandemia.

Agora que “as vacinas xa están”, chamou a “non relaxarnos” ante o aumento da positividade que trouxeron consigo as festas do Nadal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha