Gonzalo Caballero reuniuse cos concelleiros máis novos do seu partido para abordar os retos da xuventude. Di que non haberá reactivación en Galicia se non se conta cos máis novos, e insta o Goberno galego a cambiar con urxencia as súas políticas para a mocidade. O PSdeG propón un “gran pacto”, precisamente, ás portas da elaboración dos vindeiros orzamentos da Xunta. Gonzalo Caballero agarda que non se volva repetir una situación como a que se deu este ano, na que “o goberno do PP decidiu recortar os fondos de mocidade, o que non podemos consentir porque supón recortar as posibilidades de futuro dos mozos e mozas no país e recortar, en definitiva, o futuro de Galicia”.