A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, e o secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia, Xurxo Doval, reclamáronlle á Xunta un Plan de choque para reforzar o transporte público da mocidade diante da suba dos prezos dos combustibles. Xuventudes Socialistas de Galicia presentou unha proposición non de Lei de Iniciativa Popular que será asumida polo Grupo Socialista.
Rodríguez Rumbo alertou de que o transporte público galego “ten ido a peor” nos últimos anos, sinaladamente na perda de liñas e frecuencias e, tamén, no transporte escolar, con numerosos casos de rapaces e rapazas que “chegan tarde á escola ou directamente quedan tirados nas paradas”. Esta iniciativa propón a mellora do servizo de transporte público para os mozos e mozas logo de constatar que o actual Executivo “empeorou o que funcionaba ben”, concluíu