O PSdeG reclama “un protocolo anticovid e un plan de axudas pactado coa hostalería”

1 minutes read

O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, requiriu a Feijóo “que o faga inmediatamente, non botando responsabilidades nin demonizando ao sector” e que “despregue un conxunto de axudas para que a hostalería poida seguir adiante e adaptarse aos novos protocolos”.

De feito, incidiu en que “ou Feijóo pon ao conselleiro de Sanidade a resolver os problemas que creou e marca un protocolo de medidas anticovid consensuado co sector ou terá que tomar medidas contundendes que cometeu tantos erros neste verán como o certificado covid”. Cargou así contra a xestión “dun conselleiro de Sanidade que nin funciona á hora de fortalecer á atención primaria nin á hora de marcar medidas con seguridade xurídica na desescalada”.

O secretario xeral do PSdeG explicou que “hai capacidade na Xunta para tomar medidas económicas de apoio” que sirvan “para que a hostalería poida sobrevivir e adoptar as medidas de seguridade necesarias para facer fronte aos retos de futuro”.