O PSdeG reclamará no Parlamento de Galicia melloras para o IES Fernando Blanco de Cee

O PSdeG-PSOE reclamará no Parlamento galego que a Xunta de Galicia arranxe o IES Fernando Blanco de Cee. A deputada Patricia Iglesias visitou o centro xunto á alcaldesa socialista Margot Lamela para coñecer de primeira man o estado do mesmo.

Iglesias definiu o instituto como «un edificio emblemático e tamén emblema da educación pública para Cee e para toda para toda a comarca». Porén, lamentou as condicións nas que se atopa actualmente.

«Hai goteiras nas aulas polo tellado, que leva sen repararse e facer un investimento importante moitos anos», comeza enumerando a parlamentaria socialista. «Tamén hai unha especie de patio cuberto con uralita que está nun estado absolutamente lamentable», engade.

Ademais, sinalou que o ximnasio «non cumpre as condicións e especificacións de riscos laborais para que os nenos e nenas practiquen educación física cunha mínima calidade».

Anunciou que ás 16:00 horas deste martes 17 de marzo levará á Comisión de Educación do Parlamento as reivindicacións da ANPA e de toda a comunidade educativa.

Deste xeito, busca «que a Xunta de Galicia non mire para outro lado e que faga as reparacións e investimentos necesarios» para a reparación dun edificio «tan emblemático como é o IES Fernando Blanco en Cee.

Related posts

O Concello de Ponteceso completa a reforma dos camiños de Tella e reforza a protección do polígono fronte aos incendios

O BNG levará a loita contra a macroplanta de biogás de A Laracha a todos os concellos do Anllóns

O PSdeG acusa ao PP e ao goberno galego de “poñerlle alfombra vermella” á planta de biogás de Soandres