O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo unha xuntanza de traballo cos alcaldes e alcaldesas socialistas que forman parte do consello federal da Fegamp, encabezados polo seu presidente, Alberto Varela, e a súa vicepresidenta, María Barral, baixo o lema «Concellos progresistas para a reactivación». No ecuador da lexislatura municipal, os rexedores presentáronse como elementos conectores dos veciños en tempos de pandemia. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, dixo que os galegos poden confiar nos alcaldes e, con vistas ao futuro, apuntou que van ser os mellores aliados para a reactivación económica do país. “Deron o do de peito onde a Xunta non exerceu as súas competencias”, destacou, ao tempo que advertiu que “non é de recibo” que o goberno de Feijóo “tente afogalos” economicamente logo de recibir este ano máis de 1.200 millóns de euros extra do goberno de España.
30