O PSdeG sinala que a sanidade galega é o ‘burato negro do PP de Rueda’

1 minutes read

O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage, sinalou que “a sanidade galega é o burato do PP e de Rueda”, logo de 13 anos de goberno que acabou no “colapso” do sistema sanitario galego. Sinaloulle ao presidente da Xunta que “non vale que se agoche baixo o disfraz de comentarista ou tertuliano” cando ten a competencia plena nesta materia. Urxiu a “tomar decisións de inmediato” diante da situación límite da sanidade, que provoca casos como o da parella de Cambados que esta mesma semana fixo público que tivera que acudir á privada para facerlle a revisión imprescindible ao seu bebé recén nacido. A situación, dixo Lage, “require que o presidente da Xunta adopte decisións e deixe de mirar para outro lado”.