O PSdeG sinala que a xestión de Cabeza de Manzaneda está «en mans dunha empresa escura»

O portavoz de Economía do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco, deu a voz de alarma no Parlamento ao revelar que a Xunta ten concedido a xestión da Estación de Esquí de Cabeza de Manzaneda a unha empresa relacionada con sociedades radicadas en Panamá e relacionadas con importantes casos de corrupción internacionais. O responsable socialista sinalou que, “fozando no Rexistro Mercantil”, é posible coñecer que a dita empresa pertence a 2 socios a través doutra sociedade intermedia, Cardagal Gestión S.L., que “forma parte dun conglomerado de sociedades radicadas en Panamá”. Naquel país centroamericano, os socios da sociedade adxudicataria “teñen un conxunto de sociedades nas que interveñen como directivos persoas imputadas” en diversos casos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha