Tras unha década de travesía no deserto o PSdeG logrou algo que nin sequera conseguira o partido nos tempos dos ex-presidentes Touriño e Zapatero, ser a forza máis votada en Galicia. Fíxoo con case 8 puntos menos de apoio cidadán que daquela, pero cunha diferenza fundamental que fai á formación agora encabezada por Gonzalo Caballero soñar coa Xunta: o PP quedou por baixo do 30% dos votos e ten por primeira vez en tres décadas competencia electoral viable no espectro da dereita. O secretario xeral e candidato á presidencia da Xunta nas eleccións galegas previstas para 2020 le o 28A como «o principio da fin da era Feijóo en Galicia» e asegura afirmalo baseándose nos datos. «O PP antes superábanos en 19 puntos e agora superámolos en cinco», afirma Gonzalo Caballero para salientar o «avance histórico» do seu partido.
41