O PSdeG tende a man a Rueda, pero «ten que mudar o xeito de facer política de Feijóo»

0 minutes read

O voceiro parlamentario do PSdeG, Luis Álvarez, tendeu a man do PSdeG a Rueda tras evidenciarse que será o vindeiro presidente da Xunta de Galicia, pero advertiulle que “ten que mudar absolutamente o xeito de facer política de Feijóo», que tildou de meramente propagandística. Neste marco, Álvarez lamentou o que cualificou de “herdanza nefasta” para Galicia que deixa Feijóo tras trece anos de goberno cunha Atención Primaria “colapsada”, co peche de máis de 100 centros educativos, cunha “importante” desindustrialización da comunidade autónoma ou cun endebedamento “en aumento”.