O PSdeG tilda á CRTVG de gabinete de comunicación de Feijóo

Noela Blanco.

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Control da CRTVG, Noela Blanco, acusou este xoves ao ente público de exercer de “gabinete de comunicación de Feijóo” con respecto da sesión de investidura do presidente do goberno. Blanco presentou unha pregunta na Comisión sobre a “descarada manipulación informativa” na CRTVG.

A deputada socialista denunciou o tratamento da información “sesgado en prol da xestión do goberno de Feijóo mentres que o goberno central leva todas as críticas negativas”. A responsable socialista afirmou que “calquera que se conecte aos medios de comunicación públicos, pensaría que hai unha catástrofe en España”.

Apuntou así ao tratamento da información sobre as negociacións posteriores ás últimas eleccións xerais como na sesión de investidura, agochando as opinións da oposición galega e priorizando a postura do PP contra o goberno central. Censurou o tratamento informativo “noxento” por parte da CRTVG, que “ademais de dulcificar ao presidente galego, agora sitúan a Pedro Sánchez coma unha catástrofe”.

Blanco lembrou a situación dos traballadores e traballadoras da CRTVG que xa van polo venres negro 89, e que continúan “ na loita por uns medios de comunicación libres de manipulación informativa.