O PSdeG tilda de “grave irresponsabilidade” a oposición de Feijóo ao Goberno de España

Pablo Arangüena.

O viceportavoz do PSdeG, Pablo Arangüena, puxo de relevo o “moi intenso traballo” do grupo parlamentario fronte a “cerrazón” do PP, que “di que dialoga moito pero a realidade é que rexeitou o 96 por cento das máis de 6 mil propostas socialistas”. E iso, incidiu, “a pesar de que, a diferencia doutras forzas, nós facemos propostas serias e viables”.

Arangüena contrastou esta situación coa oposición que está a facer o PSdeG, “moito máis leal que o PP a nivel nacional”. “A proba”, afirmou, “é que asumimos cada unha das decisións sanitarias respaldadas polo comité clínico sen discutilas nin facelas obxecto de refriega política”.

Fronte a esta actitude, Arangüena incidiu na “asombrosa capacidade que ten Feijóo para levar a contraria sexa o que sexa o que diga o goberno de España”, o que nun momento de pandemia constitúe unha “grave irresponsabilidade”.