O PSdeG urxe a Portos o cambio de titularidade dos espazos sen uso portuario a favor dos concellos

1 minutes read

O parlamentario socialista Julio Torrado urxiu este mércores a Portos de Galicia a acelerar o cumprimento do acordo parlamentario para pedir o cambio de titularidade dos terreos sen uso portuario a favor dos concellos. Torrado presentou unha pregunta en Comisión para sinalar a preguiza do ente autonómico á hora de levar adiante a desafectación de terreos, por canto os concellos “presentan solicitudes que caen no caixón do esquecemento”.

O responsable socialista puxo como exemplo o caso de O Grove, onde o edificio do Concello está directamente en terreo portuario, o Salón Peña en Cambados, ou o Centro de Saúde de Cariño, todos eles exemplos que nada teñen que ver coa actividade portuaria pero nos que o ente autonómico retén as súa titularidade. Chamou a axilizar a desafección da titularidade a favor dos concellos, cumprindo co mandato grazas a unha iniciativa do Grupo Socialista aprobada en Pleno no pasado ano 2020.