O PSdeG urxe á Xunta a intervir no conflito entre bateeiros e percebeiros pola mexilla

1 minutes read

O voceiro de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, vén de urxir á Xunta a intervir no conflito entre percebeiros e bateeiros dedicados ao mexillón por mor da extracción da súa semente, a mexilla, xa que segundo os socialistas “un ano máis a Consellería do Mar se lava as mans de forma vergoñenta”. “Tomen os mandos, interveñan e plantexen unha solución tecnicamente viable”, pediu o responsable socialista ante un conflito “que vén aumentado a súa intensidade nos últimos anos pola carencia de mexilla” entre dous colectivos “tremendamente importantes para o sector do mar”. Torrado esixiu á Xunta “que faga cumprir a lei” e “se quere cambiar a normativa actual, que o faga en consenso cos colectivos afectados”, xa que “o conflito sería facilmente resoluble se a Consellería do Mar se tivese por hábito mediar e resolver as cuestións a través do diálogo” e “fomentando os acordos, non os enfrontamentos”.